13 / CAMPAMENTO SOL E CARDOS

Verán 2017

“Sentámonos ao sol entre os cardos e proxectamos. Por iso o campamento chámase asím ¿non?” É moito resumir, pero Álex en realidade pillouno ao voo. Nin vimos tanto o sol nin había demasiado cardo, pero proxectar si que proxectamos moito.

O certo é que inspirados polas pinturas de Luís Seoane, en concreto polo cadro Sol e Cardos, expomos en colaboración coa artista Isabel Pintado, un campamento que profundase nos conceptos de cor, de representación de elementos próximos (especialmente plantas) e en técnicas de debuxo, pintura e gravado. E desde ese punto de partida, continuar co proxecto EirON xerando unha chea de ideas e de documentación gráfica.

Pasaran 72 horas desde os Acordos de San Xoán e tiñamos dous proxectos craves: terminar aquilo que non se puido facer durante o curso e deseñar os elementos do parque para propoñer ideas concretas. Durante as dúas semanas que durou o campamento formamos un equipo-estudo en grao sumo variado en canto a idade e en canto a forma de ver e deseñar o mundo. Víase vir o éxito da experiencia, global e por partes, desde o principio.

Empezamos contando que era isto do EirON aos novatos: as explicacións dos veteranos, a exposición, a maqueta e unha visita á parcela deixáronnos claras as intencións do proxecto, empezaron a remover a creatividade de todos e nos desbravaron no contacto coa flora e fauna salvaxes da zona.

Cada día empezaba cun intre de inmersión no tema correspondente: coñecer os playgrounds, falar de flora e fauna e de Gilles Clément, percorrer a historia (real e lendaria) dos labirintos, os ventos e os seus efectos, aprender a facer planos técnicos e a debuxar arquitectura ao aire libre e a traballar en equipo, a formar un estudo multidisciplinar.

E logo, cabezas e ao choio. Unhas veces en grupo e outras de maneira individual fomos avanzando, traballando e xogando todo á vez, que é como nos gusta facelo.

Deseñamos e fixemos maquetas e planos das pezas/esculturas da zona de xogos, pensándoas para ser utilizadas por calquera tipo de usuario dun parque. Fixemos herbarios, compilando e clasificando segundo tamaños e sectores as plantas recollidas e secadas no taller de Xardinería. Expomos con maquetas o labirinto de vimbia de acceso, para que sexa difícil, pero non imposible, chegar onde queres; houbo incluso quen, a lume de biqueira de motivación, chegaron a proxectar os percorridos entre vexetación ata os miradoiros. Tamén montamos a escala 1:10 o paravientos, tecendo como cesteros xigantes, e inventamos unha rosa dos ventos e banderines e bandeiras para darlle aínda máis personalidade. Ata nos animamos a deixar o interior e saímos en expedición: xusto o día que máis sol fixo saímos a debuxar a garita de vixilancia, pero aguantamos pouco ao sol e volvemos entrar para pensar un uso que darlle e facer os planos de arquitectura. Pero un par de días despois o verán relaxouse un pouco e animámonos a ir ata a torre de control, a debuxar o futuro EirON visto desde alí, e mesmo inventamos a realidade virtual artesanal.

Outra semana máis e case empezariamos as escavacións. Como se sospeitaba ao empezalo, un campamento ao sol e entre cardos fantástico.