9 / PROXECTO A ESCALA 1/5

10.6.17

Unha das últimas sesións dedicadas ao proxecto #EIRÓN consistiu en recrear de novo a maqueta a escala 1/5 incluíndo esta vez os elementos de deseño que queriamos incorporar ao parque.

Tras deixar feito de novo o reformulo no que se incluían a fachada da Fundación Seoane, Hospital Militar e muralla medieval fíxose un único grupo formado por todos os participantes de Nenoarquitectura: tro-Peza, em-Peza e des-Peza. Unha vez todo xuntos fíxose unha subdivisión en 6 equipos asignando a cada un unha misión diferente.

Os obxectivos de cada grupo consistían en facer o deseño do labirinto vexetal de acceso, cortavientos da zona da rotonda, deseño das aberturas no peche vexetal para achegarse á muralla e deseños de fonte, bancos e mobiliario de xogos.

Para finalizar volveu recrear na maqueta a iluminación do taller anterior para ter unha visión completa do proxecto que cada vez estaba máis preto de converterse en realidade.