8 / TALLER DE ILUMINACIÓN

3.6.17

Outro dos temas para estudar no noso proxecto é a iluminación. Para iso dedicamos unha clase completa a comprender como funciona a luz e os distintos tipos de luminarias que se utilizan na arquitectura. Ademais grazas a Alve Iluminación puidemos xogar con diferentes luces mediante a súa mesa de experimentación.

Para poñer a proba a nosa idea de como iluminar o parque fixemos unha maqueta a escala 1/5. Para a súa execución tivemos que facer un reformulo dos diferentes elementos a representar utilizando cinta métrica para medir e cinta de carrocero para marcar. Unha vez terminado incorporamos varias liñas de iluminación a base de lámpadas que se ían apoiando en postes de madeira de distintas alturas para conseguir o efecto de feira que estabamos a buscar.

Cando estivo todo listo apagamos as luces e de súpeto a maqueta cobrou vida tanto pola súa escala como polo seu ambiente máxico coa iluminación. Sen dúbida o proxecto ía ben encamiñado e xa quedaba pouco para ter o deseño a punto.