7 / TALLER DE XARDINERÍA

20.5.17

Unha vez chegada a primavera acometeuse unha xornada en familia dedicada á análise de especies silvestres no solar do proxecto #EIRÓN. Emilia Castro Villaverde e Cristina García Fontán dirixiron as dinámicas que comezaron cunha pequena posta en situación. Baseándose nos textos de Gilles Clement analizamos como a natureza se vai apropiando dos baldíos ao longo do tempo.

Para o traballo de campo, as familias trouxeron diversos útiles de xardinería como anciños, pas ou regaderas e a primeira misión foi facer un herbario coas especies existentes no solar. Para iso formáronse seis grupos asignando a cada un deles unha zona de análise. Unha vez de volta na fundación procedeuse á clasificación das mostras e preparación dos herbarios colocando coidadosamente cada planta na súa correspondente folla de xornal para o seu posterior prensado.

Despois dun merecido descanso retomouse a actividade con seméntaa do que será o noso futuro horto. Aproveitando a zona verde interior da rotonda dividiuse en varios sectores en forma de rosa dos ventos. En cada sector os grupos foron plantando sementes de diversas especies como manzanilla, xirasol, cabaza, apio, etc. Como deberes puxéronnos regar o horto e ir comprobando semana tras semana a germinación das sementes.