6 / DEBUXOS AO NATURAL

29.04.2017

Nesta sesión do proxecto #EIRÓN fixéronse dous grupos integrando aos compoñentes de em-Peza e deas-Peza para levar a cabo simultaneamente dúas dinámicas. Mentres un dos grupos traballaba na maqueta o outro se desprazou á parcela para realizar unha análise de formas.

En primeiro lugar deuse unha pequena clase sobre a importancia do debuxo á hora de analizar e entender un espazo e de como saber debuxar unha forma denota unha comprensión profunda. Como exemplo púxose a bicicleta. Todo o mundo sabe o que é pero case ninguén é capaz de debuxar a súa estrutura de forma correcta.

Unha vez na parcela tiñan liberdade para escoller o lugar desde o que ían debuxar e tamén o obxecto do debuxo. Pese ao vento que facía ese día houbo debuxos moi interesantes nos que a maioría dos participantes reflectiu a garita militar, a torre de control e mesmo o mesmo vento.

O pase de diapositivas require JavaScript.