4 / IDEAS

11.3.2017

Como paso previo á acometida do deseño global do proxecto levou a cabo unha dinámica de reflexión sobre o programa de necesidades. Para iso contouse cos grupos em-Peza e deas-Peza divididos en subgrupos.

Nun primeiro lugar pedíuselles que anotasen en post-it de cores todas as súas conclusións, inquietudes, dúbidas, etc. que tivesen tras facer a análise. Unha vez finalizada esta parte continuouse cunha clasificación das mesmas por temas afíns en grandes grupos que foron xurdindo segundo ían saíndo as propostas. Ao finalizar esta clasificación podíase ver de forma visual os temas resultantes en forma de nubes debuxadas na lousa cheas de papeis de cores.

Tras a clasificación fíxose unha posta en común na que se reflexionou sobre as cuestións máis repetidas e consensuadas. Para finalizar pediuse aos grupos que volvesen facer propostas xerais tanto sobre o plano de situación e en mini-maquetas con Lupo Plot e Eco Lupo.

O pase de diapositivas require JavaScript.