3 / MAPA DA MEMORIA

4.3.2017

Seguindo co traballo do proxecto #EIRÓN e para conseguir ter unha visión o máis global posible promoveuse unha sesión na que nos visitasen algúns membros da Asociación de Veciños da Cidade Vella para que nos contasen como era a cidade cando eles eran nenos.

A sesión foi en grao sumo entretida e divertida pois nos contaron cousas como que xogaban ao agocho por toda a cidade mesmo entrando nas casas dos veciños, que xogaban ao fútbol na praza de Azcárraga ou que non había apenas coches. Unha das conclusións da charla foi que nunca existiu un parque de xogos como tal na cidade vella xa que os nenos movíanse libremente por todo o barrio grazas á ausencia de perigos e a que se coñecían todos os veciños entre eles.

Casualmente atopábase tamén pola Fundación o pintor Correa Corredoira, pois neses días había unha exposición con obras súas, e incorporouse á charla contándonos as súas anécdotas de neno e de como facían el e os seus amigos para conseguir entrar gratis ao circo.

Durante todo este tempo os participantes non deixaban de facerlles preguntas de todo tipo mentres de fondo íanse proxectando imaxes antigas da cidade vella que tamén daban lugar a xerar novas anécdotas e recordos.

A sesión finalizou cando unha das veciñas, Rosa Guitián, propúxonos xogar na patio da Fundación a un dos seus xogos favoritos de nena, o pano. Grazas a esta dinámica empezaron a xurdir outros xogos como o agocho ou o pilla-pilla e automaticamente os nenos organizábanse perfectamente entre eles sen axuda de adultos e sen ter en conta sexo ou idade, unha marabilla.