2 / DESEÑOS

11.2.2017

Tras realizar a análise previa da parcela propúxose unha primeira clase de deseño de mobiliario de xogos infantís. Nesta ocasión a dinámica foi levada a cabo polo grupo em-Peza.

A cada participante proporcionáronselle as 13 pezas equivalentes a unha bandexa de Super Lupo e con elas tiña que non só deseñar un construción-xogo senón que posteriormente debería documentalas en forma de plano con debuxos en planta e alzado.

A parte final desta dinámica consistiu nunha exposición na que cada alumno mostraba a súa construción ao resto da clase e explicaban o proceso de deseño.