12 / ACORDOS DE SAN XOAN

23.06.2017

Na véspera de San Xoán con toda a cidade envorcada na preparación das fogueiras e as sardiñas tivo lugar o noso encontro cos responsables do concello. Acudiron á cita o alcade Xulio Ferreiro, o concelleiro de rexeneración urbana Xiao Varela e o concelleiro de culturas, deporte e coñecemento José Manuel Sande.

En primeiro lugar mostróuselles a exposición comezando polo labirinto de sinais que mostraban as diferentes fases do proxecto ao mesmo tempo que daban a entender a multidireccionalidad das didácticas. A continuación trasladámonos á zona da maqueta na que Dani e Noa, do grupo des-PEZA explicaron de forma maxistral a idea de proxecto e a forma de levalo a cabo. Xusto despois o alcalde dirixiunos unhas palabras mostrando o seu orgullo por estar a levar a cabo un proceso participativo de rexeneración arquitectónica e máis aínda por ser de forma educativa contando cos nenos do curso de Nenoarquitectura.

Por último produciuse o fito que todo proxecto arquitectónico debe cumprir cando se traballa cunha administración: a firma do contrato. Na zona da lousa deixaron o seu selo o equipo redactor, representado por Dani e Noa, a directora da Fundación, Silvia Longueira, e o alcalde, Xulio Ferreiro. Con esta firma o proxecto recibiu o impulso que necesitaba e estamos cada vez máis preto de poñer a primeira pedra.