O proxecto


¿Que é eirON?
eirON é un proxecto participativo que estuda as posibilidades de obter un ámbito de xogo a gran escala.
O nome é unha referencia ao termo eira, non só como espazo de traballo, senón tamén como unha forma de intervención no mesmo.

O prototipo de espazo público materialízase en colaboración cos nenos, as familias e as experiencias dos membros do equipo en proxectos similares para xerar un proxecto orixinal con carácter social.

¿Quen somos?
O proxecto realízase a través da colaboración en rede dun equipo interdisciplinar de enxeñeiros, arquitectos, docentes, deseñadores, industriais e por suposto, os nenos e familias.

Eiron é tamén a orixe do termo moderno ironía. Do mesmo xeito que este personaxe da comedia grega, os nenos que parecen ser o elo débil da sociedade, son capaces de enfrontarse ao importante problema de deseñar un espazo público en base a recoñecer as súas propias fortalezas. !Que ironía!

¿Por que?
A necesidade de espazos públicos amables e de estancia é un requisito exposto pola cidadanía a través de políticas de participación cidadá, especialmente no caso da cidade vella. Este proxecto proponse como unha investigación práctica sobre un caso real, un prototipo urbano que sirva de primeira experiencia para aplicar noutros puntos da cidade e que poida estar exposto a xuízo dos veciños a través dunha posta en práctia inmediata.



¿Onde se realiza?
A zona de aplicación é o espazo baleiro xerado tras a derriba do edificio militar situado á beira da Fundación Luís Seoane na Coruña, unha zona privilexiada polas vistas e o soleamiento. Este espazo supón un punto de descanso no percorrido ao longo do perímetro da muralla.

¿Cando?
Unha primeira fase desde outubro do 2016 ata xuño de 2017.

Impártese en 30 talleres de 2 horas e media cada sábado, facendo un curso total anual de 75 horas.

¿Como?
Ao longo de nove meses trabállase con nenos de entre 4 e 12 anos nos cursos de Nenoarquitectura da Fundación Luís Seoane trabállase sobre o deseño xeral do espazo de xogo situado á beira da propia fundación.

Nesta primeira fase participan 51 nenos e as súas familias repartidos en 3 grupos segundo a idade: Tropeza (4-5 anos), Empeza (6-9 anos) e Despeza (10-12 anos).



Fases de traballo





























A Proposta


En palabras dos propios nenos participantes neste proceso trátase de crear un parque de abstraccións. En realidade é un espazo, non só infantil, para uso público.

Analizados os diferentes condicionantes do lugar e partindo do feito de que só se utilice o chan duro preexistente, proxectamos unha gran estrutura cortavientos ao redor da planta circular que nos permitirá xogar ao carón ou outro da pantalla en funcion do vento dominante. Exponse tamén solucións para a rúa de acceso racionalizando o uso do vehículo.

A partir de aquí o resto da intervención deseñarase seguindo lor principios de xardinería expostos nas clases correspondentes seguindo criterios de baixo custo de mantemento e sen perder o aspecto educativo e didáctico do proxecto. Haberá ornamentais, produtivas e silvestres.

Finalmente serán proxectadas unhas arquitecturas coa colocación dos bloques de formigón xerados a partir de pezas Lupo de 50x50x50 cm de módulo basee mediante un proceso de aproveitamento do material sobrante de procesos de fabricación. Proxéctase a montaxe das distintas pezas de xogo e urbanización do espazo: castelos, mesas, bancos, papeleiras etc. Uniranse ao proxecto diversos artistas, artesáns e empresas que irán enriquecendo o proxecto con achegas enfocadas á participación dos mais pequenos: desde o deseño dunha luminaria ata a disposición e elección dos distintos elementos vexetais pasando polo cerramento perimetral do espazo.

Todo é susceptible de ser repensado polos máis pequenos. Todos os elementos do parque son oportinidades de deseño e de aprendizaxe.





1. Empalizada de protección
2. Rosa dos ventos
3. Elementos de xogo co vento
4. Vexetación preexistente
5. Pezas de xogo
6. Prazas adaptadas
7. Zona verde